SURRICHA, SE O ENTENDES, XA SABES

Somos dunha terra dura e húmida, onde todo molla e nada se rende.
Aquí aprendemos cedo que o desexo non se cala e que a identidade non se disfraza.
Aquí aprendemos que a sensualidade non fai ruído, non se exhibe: transmítese.
Que o desexo tamén é identidade e que levar algo posto pode dicir máis ca calquera palabra.

Isto non é roupa.
É pel, é lingua, é intención.
É vestir o que es, con orgullo e sen présa.

O resto é secundario.

ATOPA A TÚA

NON É MODA. É ACTITUDE

Hai camisetas que vistes e outras que te retratan.
Surrichadas vai das segundas.

Product mockup

NON É SO UNHA CAMISETA

É identidade posta na pel.
É sensualidade e sexualidade.
É liberdade para dicir sen falar e provocar sen berrar.

SURRICHA AQUÍ

FEITO CON CABEZA

RESPONSABLES, SEN POSTUREO

Non producimos por producir. Fabricamos baixo demanda para non encher o mundo de roupa que ninguén quere.

Se tarda un pouco máis, é porque preferimos facer as cousas ben.

CALIDADE QUE SE NOTA

Algodón orgánico, bo tacto, boa caída e resistencia ao uso.

Para poñela hoxe e dentro de tempo.

SEN TRAMPAS

Nada de tecidos raros nin promesas baleiras.

O que ves é o que levas.

DE AQUÍ PARA QUEN O ENTENDE

Surrichadas nace da retranca galega, da ironía e do non tomarse demasiado en serio.

Se o pillas, non fai falta explicar nada máis.